A Asociación Nós Mesmas, de loita polos dereitos das mulleres LBT, trasladan a súa preocupación e malestar ante a campaña homofóbica de HazteOír nos centros educativos á Conselleira de Educación

Publicado por o día 30/10/2019 na sección de Galicia,Social,Vigo

A Asociación Nós Mesmas, de loita polos dereitos das mulleres LBT, trasladan a súa preocupación e malestar ante a campaña homofóbica de HazteOír nos centros educativos á Conselleira de Educación

Dende inicio de curso os centros educativos de todo o Estado están recibindo cartas, folletos, panfletos, etc… da entidade HazteOir, con mensaxes en contra da realidade  lgtbi+, dirixidas á dirección dos centros e ademais directamente ao profesorado, asociacións de ANPAS e entre o propio alumnado.

A Asociación Nós Mesmas denunciamos que nesta campaña, aténtase contra os dereitos fundamentais das persoas, o dereito á educación e a liberdade do ensino, fomenta  odio cara ás persoas e familias  lgtbi+, incumprindo  a vixente lei  educativa e as normativas en materia de Igualdade e Diversidade e que poden incorrer nun delito de odio.

Aínda que a incidencia de devandita campaña está sendo menor en Galicia que noutras comunidades, as reaccións xa se están facendo evidentes. Nós Mesmas confía plenamente no labor e no valor docente, achegando as aulas a diversidade existente na nosa sociedade e que tanto enriquece as aulas, pero preocupase polo efecto que reciben dalgúns centros educativos e familias, parte tan importante da comunidade educativa, despois da recepción de dito material e como, este efecto, repercutirá no alumnado.

Á Consellería de Educación ten a obriga de garantir que todo o alumnado, independentemente da opinión das súas familias, reciba formación en diversidade LGTBI, así como de protexer aos menores da posible violencia familiar o da negación de acceso á información motivada por LGTBIfobia. Solicitar o consentimento das familias para que elixan a educación que recibe ou non o alumnado, tal como defende a ultradereita, contravén o interese superior do menor, segundo o presente ordenamento xurídico español.

Ante esta situación, a Asociación Nós Mesmas, solicitou á Consellería de Educación, un posicionamento público e firme a través dun comunicado chegue a toda a comunidade educativa, en especial ás familias, ANPAS e Escolas de Familias, afianzando os valores democráticos que a Carta Magna outorgou a todos os cidadáns, coma queda recollido no  Art. 27 “a educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana no respecto ós principios democráticos e ós dereitos e liberdades fundamentais”, para erradicar calquera comportamento discriminatorio cara a comunidade LGTBI+ e a necesidade e a obriga de formar o alumando na diversidade afectivo-sexual, familiar e de xénero.

A Asociación Nós Mesmas leva 11 anos realizando charlas formativas ao alumnado da provincia de Pontevedra así como ao profesorado nas que este ano serán as III Xorandas de Tratamento da Diversidade Afectivo-Sexual e de Xénero nas Aulas que se celebrarán o vindeiro 30 de novembro, apostando pola educación en valores de igualdade e diversidade en todas as etapas educativas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.