A Asociación Pola Defensa da Ría anima a participar coa Plataforma Veciñal de Lourizán contra a ampliación da Depuradora na sua xornada de protesta

Publicado por o día 02/05/2019 na sección de APDR,Galicia,Medio Ambiente,Pontevedra,Protestas,Social

A Asociación Pola Defensa da Ría anima a participar coa Plataforma Veciñal de Lourizán contra a ampliación da Depuradora na sua xornada de protesta

“Queremos invitarvos a participar na “I Marcha da Dignidade de Lourizán”, baixo o lema “Recuperemos o noso paraíso roubado”, que terá lugar o próximo sábado día 4 de maio. Sairemso ás 17:00 horas da Praza dos Praceres e iremos ata o Pazo de Lourizán pola estrada vella.

“Trátase dun itinerario simbólico, polo “camiño das tropelías”, desde a “zona cero” da degradación do litoral galego e o epicentro das últimas agresións á parroquia (depuradora, tren…) ata o Pazo de Montero Ríos, que representa a época de esplendor de Lourizán, cuando era unha meca política e un núcleo turístico de primeira orde.

Así, a marcha reivindica a necesidade de poñer fin a tantas barbaridades que se levan feito durante décadas e empezar a revertir a situación, fronte ás intencións da Xunta de afundir aínda máis a parroquia cos seus plans de ampliación da depuradora.

Tamén queremos denunciar que a Xunta só se acorde de Lourizán para afondar na súa degradación, mentras deixou caer a cachos o Pazo durante anos, cando era a responsable do seu mantemento, para despois intentar “regalarllo” a unha empresa privada.

A plataforma anima a toda a veciñanza a participar na marcha, para reivindicar xuntos que a dignidade da Lourizán non ten prezo e non se vende.

E tamén facemos un chamamento á toda a cidadanía da comarca para que expresen o seu apoio ás reivindicacións da plataforma veciñal e á recuperación de Lourizán”.

Tamén queremos pedirvos que nos axudedes a difundir a convocatoria entre os vosos simpatizantes, xa que consideramos que é un paso máis na loita contra Ence no camiño á recuperación de Lourizán.