A Asociación Rede de Mulleres contra os malos tratos de Vigo organiza un novo obradoiro para nais e pais

Publicado por o día 02/03/2020 na sección de Eventos,Formación,Galicia,Vigo

A Asociación Rede de Mulleres contra os malos tratos de Vigo organiza un novo obradoiro para nais e pais

Dende a Asociación Rede de Mulleres contra os malos tratos de Vigo, ven de facer público dun novo obradoiro para nais e pais que van impartir na Oficina Municipal de Distrito Casco Vello.

O obxectivo do obradoiro é brindar un espazo  formativo ás nais e pais que necesiten mellorar as súas capacidades para afrontar os desafíos  que presenta  a sociedade actual, a través de traballar as seguintes temáticas:

• Ser conscientes  de que como  nais e pais somos modelos de identificación para as nosas fillas/os que transmitimos coas nosas actitudes, valores, crenzas e conviccións.

• A información, a  reflexión e a análise que lles proporcione as ferramentas que melloren a comunicación cos fillos/as dentro do grupo familiar.

• A orientación que lles permita entender, apoiar, comprender e dar resposta aos cambios evolutivos a nivel intelectual, afectivo, social e sexual dos seus fillos/as que favorezan o desenvolvemento de habilidades persoais e dunha personalidade con autoestima, aspectos  que constitúen a base da identidade persoal.

• Que é a propia aceptación e valoración persoal,  as que sustentan o equilibrio psíquico e o bo trato interno, sendo a condición fundamental que prevé o non exercer ou non padecer o mal trato.

Comentar noticia

Your email address will not be published.