A Rede convoca á concentración que terá lugar hoxe xoves día 28 de febreiro de 2019 ás 20h. diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO).
Levamos 14 mulleres asasinadas no que vai de ano. Denunciamos a barbarie que se está levando a cabo coas mulleres, as atencións seguen aumentando cada ano. Precísase o compromiso de toda a cidadanía para que avancemos e rexeitamos estes comportamentos violentos que tanta dor lle producen a tantas persoas, especialmente ás mulleres e as crianzas que o padecen.
Agardámosvos unha vez máis que nos acompañedes neste acto que organizamos todos os últimos xoves de mes diante do Museo Marco. Nesta ocasión leerá o comunicado unha representante de asociación.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.