Colectivo destinado as mulleres de todas as idades. Aprenderemos a ser máis asertivas en grupos de discusión, a resolver casos prácticos, fomentando a reflexión e o debate. Analizaremos actitudes e reaccións da xente dende diversas perspectivas ante un mesmo conflito para que nos axude a enfrontarnos a situacións reais. Traballaremos con dinámicas participativas, interactivas, analíticas e dialogantes.
As temáticas que abordaremos serán:
- Identidade Feminina e Mensaxes de Xénero.
- Autocoñecemento e Autoestima: Claves para o Desenvolvemento.
- Autoaceptación: Valoración das nosas Experiencias.
- Autoafirmación: Crenzas, deberes, valores e principios a revisión.
- A Comunicación e as Relacións: Pérdidas, Relacións Filiais, Relacións de Parella. Aprender onde por os Límites.
- Obstáculos para o Cambio Persoal: A Culpa e os Sentimentos.
- Saúde e Vida Cotiá: Autocoidado, Sexualidade, Traballo, Imaxe Corporal, Coidar a outros, Tempo e Espazo Persoal, Amizade.
Horario: Mércores de 10:00 á 13:00.
Inicio: 4 marzo
Remate: 29 abril
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.