Tras reunirnos con distintas forzas políticas, así como con membros da Xunta, e expoñerlles todas e cada unha das nosas reivindicacións para conseguir os apoios e compromisos necesarios, CONVOCAMOS de novo a unha ASEMBLEA para dar cumprida información de todo iso, así como do procedemento que seguirán as alegacións ata a súa resolución.
Contamos co apoio de toda a veciñanza en TODAS AS ACCIÓNS que se seguirán realizando ata conseguir que os “compromisos adquiridos” sexan un feito!! Todas as ALEGACIÓNS que presentamos non serán un feito ata que non queden reflectidas na resolución das mesmas, así como reflectidas no proxecto, planos e demais documentación oficial, cunha anotación, ou nova modificación, se é necesario.
Lembramos que está en xogo a SOTENIBILIDADE DO NOSO BARRIO! #NaviaVerde Non nos imos a durmir nos “LOUREIROS”nin nos CARBALLOS! Debido ao interese xeral desta comunicación, agradecemos fáganse eco no seu medio e, así mesmo, contamos coa súa presenza na devandita Asemblea.
Esta Asemblea realizámola na rúa debido a que o noso barrio non dispón de instalacións suficientemente amplas para poder convocar á veciñanza.
ASEMBLEA INFORMATIVA
Fecha: Venres, día 1 de junio
Hora: 20h
Lugar: Rúa As Teixugueiras, plaza 26/28
Noticias de última hora en Vigo