A Asociación Veciñal de Teis e os/as traballadores/as das empresas instaladas na Lagoa, convocan unha concentración este xoves 1 de agosto ás 11:00 horas, na Baixada a Lagoa, no lugar do afundimento, para esixir do Concello de Vigo, a reforma urxente desta Baixada.
Esta Asociación xa denunciou publicamente o pasado 12 de xullo, o mal estado da Baixada á Lagoa. Hai un afundimento sinalizado desde hai un ano pero sen reparar. Esta situación xa foi denunciada por esta Asociación o pasado ano a Concellaría de Fomento.
A isto hai que engadir que nesta mesma Baixada hai un muro sinalizado en perigo tamén de caerse.
O mal estado desta Baixada provoca dificultades para circular vehículos, sendo o aceso existente para praias da Lagoa, A Manquiña e A Fabrica e un dos acesos para o paseo do borde do litoral.
É escandaloso que a Baixada da Lagoa leve un ano nesta situación é que o goberno municipal só se limitara a sinalizar o afundimento e o muro, pero sen facer máis nada.
Noticias de última hora en Vigo