A asociación veciñal de Teis convoca novamente unha manifestación este martes 13 ás 7 da tarde

A Asociación levara a manifestación un autobús de cartón
Publicado por o día 12/12/2016 na sección de A.V. Teis,Eventos,Protestas,Social,Vigo

A asociación veciñal de Teis convoca novamente unha manifestación este martes 13 ás 7 da tarde

A Asociación Veciñal de Teis, a asociación convoca unha nova manifestación este martes 22 de novembro ás 19:00 horas, desde o mercado de Teis, para reivindicar do Concello de Vigo, un autobús directo desde Teis ao Hospital Alvaro Cunqueiro.

Esta será a sexta manifestación convocada e logo da presentación no Concello de 3.654 sinaturas, fai quince días.

Diante da falta de resposta do Alcalde da súa reivindicación, a asociación fai un chamamento a participar na manifestación, traendo tarteiras, asubíos para nos facer ouvir. Ademais, ante a falta de autobús a, asociación, levara un autobús de cartón a manifestación.

Desde a apertura do novo hospital Álvaro Cunqueiro, disto fai un ano, as queixas son continuas da veciñanza que utiliza o autobús urbano cara o novo hospital desde Teis.

A veciñanza de Teis, ten que desprazarse ate a avenida de García Barbón (Casa de Artes e Oficios) H1 ou até os Choróns H2 para poder conseguir un enlace para ir ao novo hospital.

Non hai ningunha liña que pase ou saia da parroquia de Teis. A liña H1, non funciona nin sábados, domingos e festivos.

Debemos ter en conta que unha parte importante dos/as usuarios/as son persoas maiores e supón un problema ter que coller varios autobuses, os domingos e festivos chegar ao Álvaro Cunqueiro supón un esforzo enorme para visitar aos familiares.

Temos un hospital con moitas deficiencias e a maiores carecemos dun bo transporte urbano que nós permita chegar ao hospital desde Teis.

Desde a Asociación entendemos que debe ser unha prioridade mellorar a conexión do autobús urbano co hospital Álvaro Cunqueiro desde Teis.

O goberno municipal debe esixir a empresa concesionaria “ Vitrasa “ que mellore este servizo debidamente e que atenda as demandas da veciñanza de Teis.

A Asociación xa solicitou dúas xuntanzas coa Concellaría de Transporte unha o pasado ano e outro neste, sen recibir até o de agora ningunha resposta.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, propoñemos que a liña H2 e H1 sexan ampliadas até Teis e que a liña H1 funcione os sábados, domingos e festivos e cunha frecuencia de 30 minutos.

Cartaz da protesta