A Asociación veciñal de Teis convoca unha asemblea mañá ás 19h para tratar a situación do Proxecto da Vía Verde

Publicado por o día 11/02/2020 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

A Asociación veciñal de Teis convoca unha asemblea mañá ás 19h para tratar a situación do Proxecto da Vía Verde

A Asociación Veciñal de Teis, convoca unha asemblea informativa este mércores 12 de febreiro ás 19:00 horas, no local da Asociación, para tratar a situación do proxecto da vía verde, logo da renuncia da empresa adxudicataria do proxecto anunciada hai varias semanas, da paralización das obras desde hai meses que incluía a finalización das mesmas en agosto de 2019 e da falta de resposta as propostas de mellora do proxecto presentadas pola Asociación.

As obras do proxecto da Vía Verde comezaron o 14 de febreiro de 2019 e anunciábase que a obra estaría rematada nun prazo máximo de seis meses, a realidade que só se executou un tramo de 400 metros inaugurado en agosto de 2019.

O goberno municipal de Vigo, non explicou cales son os motivos para a paralización do proxecto desde hai meses e porque a empresa renuncia ao proxecto, o cal xa fóra modificando ao longo do desenvolvemento das obras. Desde a Asociación Veciñal de Teis, esixisen ao goberno municipal que explique os motivos desta paralización.

A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse por escrito a Concellaría de Fomento, en varias ocasións ao longo de 2019, solicitando a mellora do proxecto, coa ampliación dos pasos inferiores nos camiños da Xorxa e da Ferreira e a construción de dous acesos para comunicar a vía verde coa avenida de Galiza e coa fonte das Catro Pontes.

A realización da Vía verde é unha oportunidade para mellorar os acesos nos camiños da Xorxa e da ferreira, ampliando os pasos inferiores destas vías, que son moi estreitos. No caso do camiño da Ferreira, por este paso non poden pasar ningún tipo de vehículos.

Tamén solicitan aumentar os acesos a vía verde, concretamente no tramo final, coa construción de dous acesos en ambas marxes, que comunicará a vía verde co lavadoiro e a avenida de Galiza e coa fonte das Catro Pontes ou dos Namorados, no río Pugariño.

A Asociación Veciñal de Teis, tamén solicitan no mes de febreiro unha xuntanza co Concelleiro de Fomento de 2019, sen recibir ningunha resposta até o de agora.

Estas propostas da Asociación Veciñal de Teis, permitirían mellorar os acesos en varios lugares e por en valor o patrimonio natural e etnográfico do río Pugariño.

Despois dun ano non se executou o proxecto da Vía Verde, nin se mellorou o mesmo como solicitamos desde a Asociación Veciñal de Teis. Unha vez máis, estan diante dunha falta de capacidade de xestión do goberno municipal de Vigo, para resolver a realización dun proxecto tan importante para Teis.

Una respuesta para "A Asociación veciñal de Teis convoca unha asemblea mañá ás 19h para tratar a situación do Proxecto da Vía Verde"

Comentar noticia

Your email address will not be published.