A asociación veciñal de Teis denuncia que a Vía Verde debeu remartarse en Agosto de 2019 e que estaba paralizada desde hai meses

Publicado por o día 16/01/2020 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

A asociación veciñal de Teis denuncia que a Vía Verde debeu remartarse en Agosto de 2019 e que estaba paralizada desde hai meses

A Asociación Veciñal de Teis, diante do anuncio da renuncia da empresa adxudicataria do proxecto da Vía Verde, ven denunciar que as obras estaban paralizadas desde hai meses e o proxecto incluía a finalización das obras en agosto de 2019.

As obras do proxecto da Vía Verde comezaron o 14 de febreiro de 2019 e anunciábase que a obra estaría rematada nun prazo máximo de seis meses, a realidade que só se executou un tramo de 400 metros inaugurado en agosto de 2019.

O goberno municipal de Vigo, non explica cales son os motivos para a paralización do proxecto desde hai meses e porque a empresa renuncia ao proxecto, o cal xa forá modificando ao longo do desenvolvemento das obras. Desde a Asociación Veciñal de Teis, esixen ao goberno municipal que explique os motivos desta paralización.

A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse por escrito a Concellaría de Fomento, en varias ocasións ao longo de 2019, solicitando a mellora do proxecto, coa ampliación dos pasos inferiores nos camiños da Xorxa e da Ferreira e a construción de dous acesos para comunicar a vía verde coa avenida de Galiza e coa fonte das Catro Pontes.

A realización da Vía verde é unha oportunidade para mellorar os acesos nos camiños da Xorxa e da ferreira, ampliando os pasos inferiores destas vías, que son moi estreitos. No caso do camiño da Ferreira, por este paso non poden pasar ningún tipo de vehículos.

Tamén solicitan aumentar os acesos a vía verde, concretamente no tramo final, coa construción de dous acesos en ambas marxes, que comunicará a vía verde co lavadoiro e a avenida de Galiza e coa fonte das Catro Pontes ou dos Namorados, no río Pugariño.

A Asociación Veciñal de Teis, tamén solicitaron no mes de febreiro unha xuntanza co Concelleiro de Fomento, sen recibir ningunha resposta até o de agora.

Estas propostas da Asociación Veciñal de Teis, permitirían mellorar os acesos en varios lugares e por en valor o patrimonio natural e etnográfico do río Pugariño.

Neste case un ano non se executou o proxecto da Vía Verde, nin se mellorou o mesmo como solicitamos desde a Asociación Veciñal de Teis e agora atopan coa renuncia da empresa que estaba adxudicando o proxecto. Unha vez máis, estamos diante dunha falta de capacidade de xestión do goberno municipal de Vigo, para resolver a realización dun proxecto tan importante para Teis.