A asociación veciñal de Teis esixe do Concello e do Consorcio información sobre o convenio para transformar Guixar

A Asociación tamén solicitou xuntanzas con ambas administracións
Publicado por o día 20/03/2019 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

A asociación veciñal de Teis esixe do Concello e do Consorcio información sobre o convenio para transformar Guixar

A Asociación Veciñal de Teis, esixe do Concello de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo, información sobre o desenvolvemento urbanístico da antiga parcela da Campsa, propiedade do Consorcio da Zona Franca de Vigo e de Guixar.

Desde novembro de 2018, publicáronse varias noticias sobre que o Concello de Vigo e o Consorcio estaban traballando na elaboración dun convenio de colaboración para promover a transformación desta area de Teis, que incluiría unha modificación do plan xeral do ano 1993.

A Asociación Veciñal de Teis, solicitou o pasado 31 de decembro de 2018 e que reiteramos no día hoxe, unha xuntanza coa Concellaría de Urbanismo. No caso do delegado do Consorcio da Zona Franca, solicitamos xuntanza o pasado 2 de xaneiro de 2019 e reiteramos esta solicitude neste mes de marzo.

Desde a A.V. DE TEIS manifestan que “Non entendemos como unha actuación urbanística desta magnitude, e logo de solicitar xuntanzas desde hai meses, a Asociación Veciñal de Teis, non teñamos ningunha información detallada, ámbito que abrangue a actuación, vivendas afectadas, etc, e que a única información sexa a través da prensa”.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, sempre consideramos interesante desenvolver urbanísticamente esta area, pero previo consenso coa veciñanza de Teis e non realizar unha actuación de costas a veciñanza, finalizan desde a asociación veciñal.