A Asociación Veciñal de teis esixen un centro de día na ETEA

Esta dotación deberá incluírse dentro do proxecto da residencia de maiores
Publicado por o día 10/10/2019 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

A Asociación Veciñal de teis esixen un centro de día na ETEA

A Asociación Veciñal de Teis, esixe un centro de día no proxecto da residencia de maiores prevista na ETEA. Na actualidade existe unha alta demanda de prazas para centros de día e residencias en Vigo especialmente de prazas públicas, segundo diferentes fontes o 79% das residencias e o 60% dos centros de día son de titularidade privada.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, desde hai anos veñen reivindicando a construción dunha residencia pública nos terreos da ETEA.

O pasado 11 de marzo e o 13 de xuño, dirixíronse por escrito a Conselleira de Política Social, solicitando información sobre o proxecto da residencia de maiores da ETEA anunciado hai dous anos e esixindo incluír o centro de día. Tamén na xuntanza que mantiveron o pasado 20 de agosto, coa delegada da Xunta de Galiza en Vigo, Corina Porro, trasladaron esta reivindicación.

Desde a Asociación, durante o período de exposición pública do proxecto sectorial PS-6, que esta previsto realizarse antes de finalizar, presentaremos alegacións se non se recolle o centro de día. Neste ámbito sectorial hai espazo dabondo para o centro de día, que deberá incluírse no proxecto da residencia de maiores.

A Asociación Veciñal de Teis, consideran unha prioridade, que se avance na realización do proxecto da residencia pública e que se inclúa un centro de día nos terreos da ETEA, para que en Teis e Vigo podan contar con estas dotacións sociais tan demandas.