A asociación veciñal de Teis, solicita a Conselleira a reforma integral da Avenida de Galiza

Publicado por o día 23/10/2019 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

A asociación veciñal de Teis, solicita a Conselleira a reforma integral da Avenida de Galiza

Unha representación da xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis, mantivo está mañá en Vigo unha xuntanza con Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, para presentarnos o proxecto de mellora do sistema de saneamento de Teis.

Nesta xuntanza solicitamos da Consellería de Infraestruturas a reforma integral da avenida de Galiza (PO-323), estrada autonómica. Desde a Asociación, consideramos necesario a reforma desta estrada, pois presenta deficiencias, (beirarrúas, varandas,…) a única actuación do goberno galego, foi nos anos oitenta do século pasado.
Lembrar que nesta estrada a Consellería de Infraestruturas, realizou unha primeira fase na avenida de Vigo en Chapela, no ano 2017, ficando pendente a actuación no barrio de Teis.
Desde a Asociación Veciñal de Teis, entenden que a reforma da avenida de Galiza, deberá reforzar a seguridade viaria, remodelación das beirarrúas e a mellora da totalidade dos servizos urbanos: a rede abastecemento, saneamento, alumeado, canalizacións eléctricas.

A Conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, comprometeuse a redactar o proxecto de reforma da avenida de Galiza (PO-323), pero sinalou a necesidade de que o Concello de Vigo, se comprometa a cofinanciar a reforma desta avenida.

Comentar noticia

Your email address will not be published.