A Asociación veciñal Novo Vigo lanza unha App

Publicado por o día 27/02/2020 na sección de Asoc. Vecinos Novo Vigo,Galicia,Social,Vigo

A Asociación veciñal Novo Vigo lanza unha App

Coma sempre, a Asociación Veciñal Novo Vigo segue apostando polas novas tecnoloxías para achegarnos á veciñanza e a todas aquelas persoas que queiran coñecer o noso barrio, o noso traballo e o que nel se fai, polo que estreamos unha nova forma de comunicación que vén sumarse ao noso perfil de Facebook, referente principal con miles de seguidores e amplísima aceptación.

Lanzamos en primicia a nova APP da nosa Asociación para dispositivos móbiles, sendo a primeira asociación veciñal da nosa cidade en ter unha aplicación destas características. Unha APP que contén información sobre as actividades que se organizan no noso local e no noso barrio, que informa sobre as novas que afectan a veciñanza, que ten seccións especiais para as persoas socias, onde podes tamén recibir notificacións sobre as actividades que solicites, descontos, excursións… e moito máis.

A Asociación Veciñal Novo Vigo segue apostando polo futuro coas novas formas de comunicación do século XXI.

Xa se pode descargar para Android e proximamente para iOS.