A Asociación Veciñal Novo Vigo non consente menos prezos

Publicado por o día 27/12/2020 na sección de Eventos

A Asociación Veciñal Novo Vigo non consente menos prezos

Dende a Asociación Veciñal Novo Vigo e tras o comunicado de prensa de hoxe domingo do Concello de Vigo ven manifestar o seguinte:.

1.- Desde esta Asociación levamos anos denunciando os problemas do parque, tanto estéticos como de perigosidade, e solicitado a través de rexistro reunións co responsable de parques e xardíns sen obter ata día de hoxe unha resposta ás devanditas peticións.

2.- O mesmo día que comezaron coa limpeza dos vasos superiores, un membro desta directiva dirixiuse persoalmente ao operario a cargo para solicitarlle información sobre o que estaban a facer xa que non tiñamos ningunha notificación oficial e preguntando tamén concretamente polos peixes dos estanques, así como tamén pediu permiso para tomar fotos e poder publicalas. Dito operario informounos que se ían a limpar e reparar as fugas, arranxar focos e todos aqueles sistemas que non funcionaban correctamente así como tamén do traspaso dos peixes dun estanque a outro segundo fosen limpándoos.

https://www.facebook.com/avv.novovigo/posts/4800459396661755

3.- Hai dúas semanas, ao baleirar o estanque “vexetal”, quedaron un centenar de peixes atrapados entre o lodo e pequenas charcas, que foron recuperados por dúas voluntarias e levados á súa casa mentres non terminaban polo menos a limpeza dun dos estanques para podelos soltar de novo. Ao non ter gran repercusión mediática, non se encheu en ningún momento ese estanque para podelos salvar.

https://www.facebook.com/355267837847622/posts/4901948056512888/

4.- O estanque grande baleirouse completamente a noite do 24 á 25 _Noiteboa e Nadal_ e pola mañá ao velo así, con peixes agonizando e moitos con medio corpo xa fóra da auga, como se observa no vídeo e en contra do que di o Concello no seu comunicado, que tiñan auga suficiente, unha directiva desta Asociación e a súa filla comezaron a sacalos en cubos, ao que se sumaron numerosos/as veciños/as. Publicouse en redes ao mediodía e, tras a gran repercusión que tivo, ás 10 da noite, abriron a auga para encher minimamente o estanque, solución que só fixo que dos que aínda quedaban sen rescatar fosen pasto das gaivotas.

Se non rescatásemos e denunciásemos publicamente estes feitos, non encherían o estanque e estarían mortos ás horas.

Tamén chamamos á policía local para indicarlles que se ían a colocar unhas lonas que servirían de refuxio temporal contra as gaivotas para os peixes rescatados e que nos fariamos cargo da súa retirada, unha vez estivesen a salvo.

https://www.facebook.com/355267837847622/posts/4933922033315490/

Comentar noticia

Your email address will not be published.