A Autoridade Portuaria adxudicou a “Asistencia Técnica para a Redacción do Proxecto Construtivo do Acondicionamento da Rúa Beiramar Tramo: Glorieta Rúa Coruña-Glorieta Porto Pesqueiro”

Publicado por o día 22/01/2020 na sección de Galicia,Vigo

A Autoridade Portuaria adxudicou a “Asistencia Técnica para a Redacción do Proxecto Construtivo do Acondicionamento da Rúa Beiramar Tramo: Glorieta Rúa Coruña-Glorieta Porto Pesqueiro”

Esta mañá adxudicouse a “Asistencia Técnica para a Redacción do Proxecto Construtivo do Acondicionamento da Rúa Beiramar Tramo: Glorieta Rúa Coruña-Glorieta Porto Pesqueiro” á empresa URBING, Proxectos de Urbanismo e Enxeñería Civil. S.L por importe de 14.250,00€. O prazo de redacción será de 2 meses, aínda que se comprometeron en telo no prazo dun mes.
 
A Autoridade Portuaria dálle unha prioridade absoluta a este proxecto tendo en conta que non é incompatible con ningún outro proxecto, e esta mesma mañá tivéronse as primeiras reunións de traballo con URBING.
 
A este respecto sorpréndenos un pouco a referencia do alcalde ao túnel de Beiramar que data do 2009, un proxecto do goberno bipartito PSdeG e BNG, que no seu día se abandonou. Pero temos que sinalar que, por unha banda, levantara unha fortísima oposición por parte dos usuarios e, por outro, que a Xunta de Galicia non ten competencias para facer esa obra porque é un vial que pertence á Autoridade Portuaria de Vigo é dicir á Administración Xeral do Estado polo que o organismo competente para levar a cabo esa obra sería a Administración Central, non o goberno autonómico.
 
Dado o volume de investimento que supón, a preferencia do Porto de Vigo, no caso de que se producise un investimento do Estado dese calibre, tería carácter prioritario o proxecto da conexión ferroviaria con Bouzas e o desenvolvemento do saída Sur de Vigo.
 
En canto ao Plan Nouvel, agrádanos ver que non hai unha oposición ao principio de ampliación dos peiraos debido a que estamos a falar dunha Torre-Hotel e 1.500 metros máis de peirao de cruceiros gañado ao mar, pero hai que sinalar que coa lexislación vixente non se poden facer obras na lámina de auga do recinto portuario, senón é para usos exclusivamente portuarios. Lembramos que este Plan foi descartado no ano 2007 por Jesús Paz, presidente da Autoridade Portuaria nese período.

Comentar noticia

Your email address will not be published.