A Autoridade Portuaria de Vigo decidiu empezar a limpar os fondos mariños de Vigo

O Porto espera retirar 10 toneladas de residuos
Publicado por o día 27/02/2020 na sección de Galicia,Vigo

A Autoridade Portuaria de Vigo decidiu empezar a limpar os fondos mariños de Vigo

A Autoridade Portuaria de Vigo decidiu empezar a limpar os fondos mariños de Vigo en colaboración co Centro Tecnolóxico do Mar. As accións previas que se levaron a cabo son: a filmación dos fondos mariños co obxectivo de inspeccionar e verificar que había realmente acumulación de residuos sólidos, froito do longo período de actividade existente nas dársenas.

Como comezo, leváronse a cabo na zona da Laxe, as tarefas de limpeza e extracción de residuos. Doutra banda, comezaron as tarefas pertinentes nas dársenas de Bouzas e Julio Verne, xa que en ambas as detectouse un maior número de residuos, sobre todo nesta última, debido ás actividades de lecer nocturno que se celebran na zona con asiduidade.

O obxectivo principal desta iniciativa é recuperar o estado dos fondos mariños, que se atopan deteriorados a causa do pasado urbano e industrial da cidade. O resultado disto será a colonización de biota e a captación de CO2. A partir de que se termine de limpar, as tarefas de vixilancia destas zonas aumentarán, así como as sancións aplicadas aos responsables.

Esta iniciativa é parte do plan Blue Growth do porto de Vigo, coa que se pretende liberar á dársena da Laxe de lixos mariños. Ademais, preténdese realizar unha colonización no futuro de praderías submarinas de zostera, impulsando o crecemento dos xardíns submarinos xa instalados pola Universidade de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.