A Autoriedade Portuaria de Vigo da marcha atrás no uso hoteleiro dun dos faros que vai acondicionar

Publicado por o día 27/11/2018 na sección de Galicia,Vigo

A Autoriedade Portuaria de Vigo da marcha atrás no uso hoteleiro dun dos faros que vai acondicionar

Debido á controversia xerada polo acondicionamento dos faros situados nas Illas Cíes e Cabo Silleiro, nos que a Autoridade Portuaria de Vigo investirá algo máis de 1 millón de euros procedentes do Fondo de Compensación Interportuario, cren conveniente aclarar o seguinte:
 
A Autoridade Portuaria de Vigo acondicionará os dous faros situados en Cabo Silleiro e o situado nas Illas Cíes, ademais do camiño de acceso a este último.
 
Os traballos consistirán en mellorar e modernizar as fachadas e o contorno destes faros.
 
No que respecta ao faro situado nas Illas Cíes, non está previsto ningún uso hostaleiro nesta zona. Os traballos limitaranse ao acondicionamento da súa fachada e á mellora do camiño de acceso.
 
En canto aos dous faros situados en Cabo Silleiro, unha vez rematados os traballos de acondicionamento, estudarase a posibilidade de concesionar estes edificios para o seu posible uso hostaleiro.