A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue agradece a colaboración da empresa GKN Driveline que vén de alcanzar as 6.000 doazóns de sangue

Publicado por o día 13/05/2019 na sección de Empresas,Sanidad

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue agradece a colaboración da empresa GKN Driveline que vén de alcanzar as 6.000 doazóns de sangue

A empresa viguesa GKN Driveline, ven de superar alcanzar as 6.000 doazóns de sangue. A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desexa felicitar á empresa pola solidariedade amosada ao longo destes anos e agradecela en nome de todas aquelas persoas que superaron o seu problema de saúde. GKN leva colaborando desde o ano 1995 co Centro de Transfusións de Galicia (CTG), organizando periodicamente campañas de doazón de sangue entre os seus traballadores. Foi a sétima empresa de Galicia en participación no pasado ano 2018.

No pasado ano 2018, as unidades móbiles de ADOS acudiron a 114 empresas e organismos públicos, que aportaron o 7,5% do total de doazóns que se produciron en Galicia. ADOS desenvolve campañas de sensibilización e información destinadas a promover os distintos xeitos de doazón, polo que convida aos cidadáns e ás empresas, institucións e colectivos procedentes de todos os ámbitos da sociedade galega a desenvolver iniciativas destinadas ao fomento dunha conciencia solidaria proclive á doazón de sangue.

Para iso, pon a disposición da cidadanía a súa web, ados.sergas.gal; o enderezo de correo electrónico, doadoressangue.ados@sergas.es; o teléfono de información gratuíto; 900 100 828; e as súas páxinas nas redes sociais como xeito de comunicarse con ADOS ou resolver calquera dúbida relacionada coa doazón.

A Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue lembra que todos os días do ano precísanse entre 400 e 500 doazóns de sangue para cubrir axeitadamente as necesidades de compoñentes sanguíneos dos nosos centros sanitarios. Galicia é unha das comunidades autónomas con maior dificultade para acadar un bo número de doazóns de sangue debido a factores sociodemográficos como o espallamento poboacional así como o seu envellecemento, circunstancia que dificultan, enormemente, o desenvolvemento de campañas de captación de novos doadores e doadoras de sangue.

Desde a dirección da Axencia, apelase á probada solidariedade da cidadanía galega para superar estes obstáculos e incentivar a súa participación nas campañas de doazón de sangue, un xesto vital para que miles de doentes poidan recibir a transfusión dos compoñentes sanguíneos que se obteñen da doazón.

Comentar noticia

Your email address will not be published.