A Axencia de Lectura Municipal de San Vicente permanecerá pechada do 2 de novembro a 7 de decembro por necesidades do servizo. Todas as usuarios e usuarios serán atendidos na Biblioteca Municipal do Grove, onde poderán facer uso dos servizos bibliotecarios e realizar os préstamos e devolucións de libros en horarios de 9.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas. Tamén poden poñerse en contacto coa Biblioteca a través do teléfono 986732341 ou no e-mail [email protected] onde serán atendidos polo persoal bibliotecario que tentará resolver todas as dúbidas e problemas que xurdan.
A Axencia de Lectura Municipal de San Vicente volverá a abrir o 10 de decembro no horario habitual de 16.00 a 21.00 horas.
Noticias de última hora en Vigo