A Axencia Galega de Infraestruturas mellorará o firme, as beirarrúas e a sinalización de viais e aparcamentos do hospital do Meixoeiro e do Nicolás Peña en Vigo

As actuacións forman parte dunha iniciativa destinada a mellorar a seguridade e a accesibilidade nos entornos dos centros hospitalarios públicos
Publicado por o día 24/09/2019 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

A Axencia Galega de Infraestruturas mellorará o firme, as beirarrúas e a sinalización de viais e aparcamentos do hospital do Meixoeiro e do Nicolás Peña en Vigo

A Axencia Galega de Infraestruturas, dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, acometerá obras de mellora dos firmes, das beirarrúas e da sinalización de vías e aparcamentos do hospital do Meixoeiro e do Nicolás Peña, no Complexo Hospitalario de Vigo.

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e o xerente da EOXI de Vigo, Julio García Comesaña, mantiveron unha xuntanza de coordinación na que participaron os respectivos equipos técnicos e na que se analizaron tanto as necesidades de actuación como a mellor planificación dos traballos.

As obras, que se licitarán a finais do ano 2019 para a súa execución en 2020, forman parte dunha iniciativa do Goberno galego destinada a mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade no entorno dos distintos centros hospitalarios públicos.

No caso de Vigo, as melloras se executarán tanto no entorno do Hospital do Meixoeiro como do Nicolás Peña. Ademais, na xuntanza acordouse analizar a posibilidade de incluír neste programa de actuación unha terceira actuación nas instalacións do Rebullón.