A banda viguesa Broken Peach participará nos días 24 e 25 de Agosto no Museumsuferfest 2019

É o primeiro show internacional da banda.
Publicado por o día 21/08/2019 na sección de Cultura,Galicia,Vigo

A banda viguesa Broken Peach participará nos días 24 e 25 de Agosto no Museumsuferfest 2019
Trátase da noticia que desvelou estes días a banda viguesa Broken Peach na súa social media. E non é outra que o primeiro show internacional da banda.
 
Cantas sorpresas espérannos para este 10º Aniversario?
 
Sen dúbida, esta é unha das preguntras que nos facemos cando falamos de 2019 e Broken Peach na mesma frase. A banda de Rock&Soul viguesa está de décimo aniversario este ano, e xa desde hai tempo avisaron de que nos atopariamos varias sorpresas ao longo do 2019. Entre elas xa puidemos descubrir a presenza da banda en concertos como as festas da Peregrina de Pontevedra, a actuación xunto a Bonnie Tyler en Vilagarcía, a Festa de Pazo de Cea xunto a Iván Ferreiro e Mikel Erentxun, e moitas máis. Polo momento, a máis importante ata a data foi a súa participación no mundial Sub21 de Balonmán, celebrado no més de Julio en Pontevedra, onde estrearon a súa primeira composición propia titulada “Fight Together”, que fué escollida como himno do campionato.
 
Pois por se non fose pouco, esta mesma semana desvelaron unha nova sorpresa, e non é outra que a súa primeira actuación internacional. Broken Peach participará nos días 24 e 25 de Agosto no Museumsuferfest 2019, na fabulosa cidade de Frankfurt, onde se fusiona arte, cultura, música e gastronomía a partes iguais. Con máis de 2 millóns de visitantes nas súas pasadas edicións convérteno nun dos maiores festivais culturais de toda Europa.
 
Desde Galicia para o mundo podería ser un gran titular para esta noticia, pero a banda galega xa rompeu fronteiras anteriormente en redes sociais, chegando á friorenta cifra de 90.000 seguidores en Facebook e máis de 70.000 subscritores en Youtube, todos repartidos ao rededor do mundo.
 
Non podemos máis que desexarlles sorte nesta nova aventura!

Broken Peach no San Roque 2019

#VigoO pasado domingo volvían á festa de San Roque as Broken Peach trás o seu primeiro concerto no 2013.Unhas Broken Peach renovadas pecharon as festas de San Roque 2019, aí estivo NoticiasVigo.es para traervos un pouco do seu concerto na leira de San Roque.

Publicada por Noticias de Vigo en Lunes, 19 de agosto de 2019

Comentar noticia

Your email address will not be published.