A biblioteca Neira Vilas habilita a súa terraza como sala de lectura para gañar espazo

O alcalde avanzou esta mañá que a biblioteca Neira Vilas ampliará durante o verán o seu espazo habilitando a terraza como sala de lectura. Esta ampliación permitirá manter mellor as distancias de seguridade impostas pola crise sanitaria.
Publicado por o día 10/07/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

A biblioteca Neira Vilas habilita a súa terraza como sala de lectura para gañar espazo

Desde esta mesma semana, a biblioteca municipal Xosé Neira Vilas dispón dunha terraza chamada “Liber” para que poidan ser utilizada polos seus usuarios. O obxectivo é ampliar o espazo da instalación na tempada de verán e cumprir as normas de distanciamento social polo Covid-19.

A modo de sala de lectura, o horario da terraza será de 10,30 a 13,30 h e de 18,00 a 20,30 h, e os usuarios poderán utilizar portátiles, ler libros, traballar, estudar…ao aire libre. En opinión do rexedor, a Neira Vilas estase a converter nunha referencia cultural de bibliotecas no ámbito de Galicia.

Bolsas de inglés

O Concello recibiu 820 solicitudes para as bolsas de inglés deste ano, o que significa que todos os estudantes que cumpran os requisitos gozarán da súa estancia no Reino Unido ou Irlanda. Segundo explicou o rexedor e dada a situación de crise sanitaria, é pouco probable que as viaxes poidan ser no mes de setembro, como é habitual. A previsión é que esta quenda de estudantes viaxe a finais do curso que vén, mentres que os solicitantes do ano próximo, gozarán da súa bolsa de idiomas en setembro de 2021.

O Concello oferta 900 prazas para estudantes da ESO, máis outras cen para a Escola Oficial de Idiomas, cun orzamento de 2,4 millóns.