A cabalgata dos Reis Magos en Silleda rematará na praza de Juan Salgueiro

Logo da recepción cos nenos haberá chocolate con churros gratis para os asistentes. As súas Maxestades chegarán coma sempre á Casa da Cultura para realizar o percorrido e recibirán áos nenos e nenas na praza silledense, onde se instalará unha carpa. Este ano incorporase á comitiva un tren turístico onde irán tamén paxes reais.
Por o 03/01/2019 | Sección: Galicia
A cabalgata dos Reis Magos en Silleda rematará na praza de Juan Salgueiro

Os Reis Magos chegarán este sábado a  de novo a Silleda para vivir cos nenos e nenas outra xornada de ilusión. Melchor, Gaspar e Baltasar arribarán á Casa da Cultura para ser recibidos ás 18:00 horas polo alcalde, Manuel Cuiña, entre outros representantes municipais.

Logo da recepción e do xa tradicional saúdo dende o balcón, está previsto que dé comezo o tradicional percorrido da Cabalgata, integrada por 3 carrozas e un tren turístico. Estarán acompañados en cadansúa carroza por nenos e nenas de Silleda que participan como paxes na comitiva real de Melchor, Gaspar e Baltasar.

A cabalgata organizada dende a Concellaría de Cultura discorrerá polas ruas  Progreso, Avenida do Parque,  María Colmeiro, Venezuela  e rúa Outeiro, rematando na praza Juan Salgueiro de Silleda , onde se servirá chocolate con churros gratis para todos os asistentes, unha vez que as Súas Maxestades reciban aos nenos e nenas para recoller as súas peticións.

Hoxe mesmo celebrouse unha das reunións para perfilar os detalles deste evento, un dos máis imporantes dos organizados dende o Concello, coa concelleira de Cultura, Ana Luisa González, e os técnicos e personal municipal que participan nesta cita.

Dende a organización, agradécese a participación da Banda de Silleda así  como de todas aquelas persoas que de xeito voluntario colaboran con esta iniciativa, unha das grandes citas do Programa de Nadal.

Mañá obradoiro de coroas

Por outra banda o programa de Nadal continúa nesta primeira semana do ano con máis actividades. Así, mañá xoves terá lugar ás 17:00 horas na Casa da Xuventude un obradoiro de elaboración de coroas . Tamén á mesma hora no Centro Cultural Vista Alegre terá lugar un obradoiro de manualidades infantís.

Así mesmo, mañá xoves ás 12:00 horas entregaránse os premios do XIX Concurso de Escaparates, na Sala de Xuntas do Concello.

Comentar noticia

Your email address will not be published.