A Cabalgata dos Reis Magos, estática e con “seguridade covid 1.000x 100”, contará cun operativo de 300 colaboradores e 100 policías

O Concello de Vigo xa ten en marcha o operativo especial para a organización da Cabalgata dos Reis Magos 2021, que este ano será estática e coa premisa de seguridade “covid” 1.000×100. Abel Caballero informou este luns do plan de tráfico que se desenvolverá na Avenida de Castelao.
Publicado por o día 04/01/2021 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns en rolda de prensa que o operativo para a celebración da Cabalgata dos Reis Magos contará con preto de 500 persoas, entre eles 300 colaboradores, 106 policías, 20 efectivos de Protección Civil e 12 controladores de acceso, ademais dos servizos de emerxencia e puntos de información para nenos perdidos.

“Será unha cabalgata con seguridade covid 1.000×100, con distancias, sen nenos nas carrozas e cun recinto pechado no que non se poderá entrar sen reserva previa”, sinalou o rexedor durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

O horario de apertura do percorrido será de 12:00 a 20:00 horas, cunha parada entre as 15:30 e as 16:00 horas, e a temática deste ano é “Civilizacións do mundo na historia”. Caballero explicou que aínda hai posibilidade de facer reservas na plataforma online aberta a través da páxina web do Concello (vigo.org). Cada pase é para un máximo de 6 persoas (non necesario que sexan conviventes) e cunha hora de acceso ao recinto da cabalgata.

A aplicación mostrará os tramos libres, de forma que poderemos seleccionar o que máis nos conveña e os datos solicitados son un número de teléfono e dirección de mail. Unha vez realizada a reserva recibiremos un código QR que se pode descargar no teléfono ou recibir por correo electrónico para presentar o resgardo no momento do acceso.

Ao longo da Avenida de Castelao, entre a rúa Estrada e a rotonda do Alfageme, haberá instaladas oito carrozas. Por este orde, a de Espazo 7, Policía Local, Carteira Real, Rey Melchor, Rey Gaspar, Rey Baltasar, Abanca e Gadis. Pecharán a comitiva os autobuses de Pescanova e Vitrasa. Ademais, haberá diferentes atraccións e música, ademais dun paxe por carroza.

«Será estática, de forma que os paxes entregarán as bolsitas de caramelos con pinzas ao final do percorrido a todos os nenos e nenas, será unha cabalgata extraordinaria, marabillosa. O alcalde tamén apuntou que hai dispoñibles total de 6.500 reservas horarias para acudir á Avenida de Castelao e poder acceder á zona a través duns dos tres carrís habilitados.

Plan de Tráfico

Respecto ao Plan de Tráfico, o alcalde informou de que a Avenida de Castelao estará cerrada este martes desde Praza de América á rotonda de Alfageme desde as 07:00 horas (sentido Samil) e desde as 11:30 horas (sentido As Travesas). Unicamente estará permitido o acceso desde Praza América para entrar ao parking de Castelao e o carril dereito, sentido único Alfageme a Praza América, para accesos de veciños aos garaxes.

Ademais, estará pechado o túnel da Praza de América e en López Mora só haberá circulación en superficie cara Praza de América. Na rúa Estrada estará cortado o acceso a Castelao, con desvíos por rúas Lalín e Camiño Chouzo e tamén a rúa Dr Darío Durán terá cortado o acceso a Castelao, excepto residentes, aparcamento subterráneo e emerxencias (desvío por rúas García Lorca ou Quintela).

No caso das rúas Pintor Ramón Buch e Quintela están cortados os accesos a Castelao, excepto residentes e emerxencias (desvío por Luís Kasado) e queda prohibido estacionar en Castelao, entre Praza América e O Grove sentido Samil, e entre Ramón Buch e rúa Estrada.

A Policía recomenda usar a rúas Coruña, Avda. Castrelos, Avda. Florida, Avda. Fragoso, Tomás Alonso e Beiramar como alternativas a Castealo, así como a Avd. Citroën e Arquitecto Palacios.

En canto aos aparcamentos estarán dispoñibles os de Castelao, Centro Comercial de Praza América, Centro Comercial Coia (Alcampo) e rúa Coruña (xulgados). No caso do transporte urbano, quedan anuladas as paradas de Avda. Castelao números 1, 16, 21, 25, 40, 41 e 50. As máis próximas son Praza América, Florida, Echegaray, Estrada e Avda. Castelao números 54 e 65.