A camelia non poderá encher este ano os corredores e salas do Museo Manuel Torres

A concelleira Itziar Álvarez de Marín reuniuse coas organizadoras da mostra da camelia que todos os anos se celebra no Museo Torres, Cristina Barreiro e Mara Fariña, para abordar a súa cancelación debido ás circunstancias sanitarias. Esta exposición, que sempre congregaba ao máis distinguido desta paixón floral, enchía o Museo con mostras de camelias espectaculares de diferentes particulares que as cultivan e conservan.

Así a todo, as organizadoras informaron de que cara finais de febreiro realizarán unha ornamentación no Palco da Música da Alameda, “sempre e cando a situación sanitaria o permita”.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM