A campaña “De Boa Man” comeza a súa edición anual para a exposición e venda de produtos artesanais elaborados por persoas con discapacidade

Entre os días 25 e 29 de novembro a Ronda de Don Bosco, esquina coa Rúa Príncipe (ao lado esquerdo do MARCO), en horario ininterrumpido de 10 a 20h, acollerá a edición anual do tradicional mercadillo “De Boa Man”, un espazo para a exposición e venda de produtos artesanais que da a coñecer e pon en valor as capacidades laborais das persoas con discapacidade.

A iniciativa, promovida polo Concello de Vigo en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Príncipe, reúne o traballo artesanal e creativo realizado nos obradoiros de 10 entidades sociais da cidade de Vigo: ASPANAEX (Asociación a favor das Persoas con Discapacidade Intelectual), ALENTO (Asociación de Daño Cerebral), FUNDACIÓN MENELA (Atención especializada a persoas con Trastorno do Espectro do Autismo), COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), DOA (Asociación de Saúde Mental), XARUMA (Asociación de Saúde Mental e Participación Social), CHUVI (Rehabilitación-Rebullón), SAN RAFAEL(Centro de Atención a persoas con Discapacidade Intelectual), ASPAVI (Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual) e ASEM (Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares).

De Boa Man facilita un espazo de encontro que da visibilidade e pon en valor as capacidades laborais das persoas con discapacidade quenes, cos apoios necesarios, poden desenvolver un traballo de calidade. Ao mesmo tempo “De Boa Man” pretende involucrar a todo o tecido social na inclusión de persoas con diversidade e ofertar un comercio alternativo de calidade nestas datas.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM