A campaña de celebración do 50 aniversario das bibliotecas, seleccionada nos premios de animación lectora María Moliner

Por o 04/11/2018 | Sección: Galicia,Redondela
A campaña de celebración do 50 aniversario das bibliotecas, seleccionada nos premios de animación lectora María Moliner

As Bibliotecas Municipais  de Redondela foron seleccionadas,  por oitava vez, como beneficiarias dun dos premios María Moliner de Animación á Lectura que concede anualmente o Ministerio de Cultura e Deporte.

A campaña dos citados premios celébrase a nivel nacional e está convocada polo Ministerio de Cultura, a Fundación Coca Cola e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). O  proxecto presentado polas bibliotecas de Redondela para este ano leva o título de “Que 50 años no son nada” e xira ao redor das actividades realizadas neste ano en que as bibliotecas do municipio cumpren 50 anos de existencia.

A Comisión de Valoración da XIX Campaña de Animación á Lectura María Moliner, convocada polo Ministerio de Cultura e Deporte, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e Fundación Banco Santander, realizou a súa selección de entre 546 proxectos de toda España. Os seleccionados recibirán un premio en metálico de 1.706 euros, financiado por Ministerio de Cultura e Deporte, que será destinado á compra de libros para as bibliotecas.
A Campaña María Moliner incentiva as actividades de promoción da lectura nas bibliotecas españolas de municipios menores de 50.000 habitantes e é un dos programas principais da Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura.
O proceso de selección lévase a cabo segundo criterios como a claridade e interese do proxecto para a animación lectora, a boa planificación e viabilidade, así como a orixinalidade e innovación e as actividades de integración social que conteña a proposta. Xa no seu XIX aniversario, os Premios de Animación á Lectura María Moliner contaron ao longo de todas as súas edicións con máis de 13.000 proxectos presentados e máis de 2.560 municipios participantes. Máis de tres lustros despois do nacemento desta iniciativa, a Campaña de Animación á Lectura María Moliner segue estando presente en toda España, e continúa demostrando que todas as iniciativas son válidas, independentemente do número de habitantes que teñan as localidades que as propoñen, ao tempo que poñendo en valor a grande creatividade e innovación nas actividades de fomento da lectura en pequenas localidades de toda España.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.