A campaña de loita contra a Vespa Velutina, impulsada polo Concello, conquire eliminar a 25.000 raíñas, seis veces que hai un ano e reducir nun 45% o impacto desta especie invasora no Porriño

Publicado por o día 01/06/2018 na sección de Galicia,O Porriño

A campaña de loita contra a Vespa Velutina, impulsada polo Concello, conquire eliminar a 25.000 raíñas, seis veces que hai un ano e reducir nun 45% o impacto desta especie invasora no Porriño

campaña de loita contra a ‘Vespa Velutina’, que empezara a mediados do mes de febreiro, e que consistirá en repartir 500 trampas -300 máis que o ano pasado- e 175 litros de líquido atraínte deste insecto, en todas as parroquias do Porriño, deu coma resultado a eliminación de máis de 25.000 exemplares de raíñas.

Hai que lembran que a finais da campaña do 2017, as trapas lograran acabar con algo menos de 4.000 raíñas, polo cal o concelleiro de Medio Ambiente, Marcelino Coto, non dubida en cualificar o resultado deste ano de “espectacular”.

Hai que lembrar que nesta campaña o Goberno local optara por involucrar ás veciñas e veciños dirixidos por avicultores, coma José Pampillón, Antonio Pérez Oliveira e  José Porto, que foron os encargados de que houbese, a ,lo menos, dúas persoas en cada unha das parroquias que colocasen as trampas nos lugares máis acaídos de cada unha, se asegurasen que tiñan sempre o atraínte, controlasen o número de exemplares que caían nos mesmos e, ao final da campaña, recuperasen as trampas, que poderán empregarse, de novo na vindeira campaña.

Os tres subliñan que a colocación das trampas, “algunhas delas ata a 40 metros de altura”, fíxose “no momento e nos lugares axeitados: dende mediados de febreiro a principio de maio e onde hai flores da camelia, que é a onde acoden a velutina estes meses”.

Este feito deu coma resultado, engaden os apicultores, “fixo que este ano teñamos un 45% menos de vespa asiática no Porriño”, un resultado que Marcelino Coto sinala que é o mellor de todas as campañas que levamos realizadas e que “amosa que aquela idea de ‘mobilizar’ aos veciños para loitar contra especie invasora, está a funcionar”.

Coto lembra que xa o ano pasado, no que se eliminaron seis veces menos de vespas raíñas que neste 2018, a Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo felicitará ao Concello do Porriño polo seu traballo de loita contra este insecto, o cal sinala que “temos emprendido o camiño correcto para enfrontarnos contra esta ameaza”.

Neste eido, os apicultores, logo de agradecer a axuda e o compromiso do Concello, advirten que hai que seguir co traballo de loita que, dende este mes centrarase nas zonas que están preto sa colmeas das abellas, ás que a Velutina  acoden “na procura de alimento para as súas larvas”.