A candidata ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Ana Pastor, visita o Alto de San Cosme

Publicado por o día 21/04/2019 na sección de Partido Popular,Política

A candidata ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Ana Pastor, visita o Alto de San Cosme
A candidata ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Ana Pastor, acompañada pola presidenta e candidata local, Elena Muñoz, e polos candidatos vigueses ao Congreso e ao Senado, Diego Gago e Miguel Fidalgo, visitaron hoxe o Mercado de San Cosme.
 
Durante o percorrido, Ana Pastor convidou a “votar con sentidiño para asegurar o futuro de Galicia e dos galegos”, subliñando que durante o próximos cinco días vai seguir “traballando para que os galegos saiban que no PP hai persoas que representamos ao centro dereita desde o respecto e a tolerancia”.