A candidata socialista á alcaldía de Meis, Marta Giráldez, achegou a súa proposta de renovación e cambio á veciñanza de Armenteira

A alcaldable estivo arroupada por Carmela Silva, Manel Vázquez, deputada Patricia Vilán e numerosos representantes socialistas da comarca que se amosaron convencidos de que Giráldez será a próxima alcaldesa
Publicado por o día 18/05/2019 na sección de Política,PSOE

A candidata socialista á alcaldía de Meis, Marta Giráldez, achegou a súa proposta de renovación e cambio á veciñanza de Armenteira

No ecuador da campaña, a candidata socialista á alcaldía de Meis e o seu equipo celebraron esta noite un encontro coa veciñanza da Armenteira nun acto no que Marta Giráldez estivo arroupada pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, o secretario xeral dos socialistas da provincia de Pontevedra, David Regades, o vicesecretario de Acción Electoral provincial, Manel Vázquez e a deputada provincial, Patricia Vilar, que coincidiron en amosarse convencidos de que Giráldez será a próxima alcaldesa de Meis.

A elección de Armeteira para celebrar este acto non foi casual xa que esta parroquia foi determinante hai catro anos en que a balanza se decantara, por moi pouco, en favor da proposta do Partido Popular. Sen embargo, Giráldez amosouse convencida de que o cambio chegou, tamén para as veciñas e veciños da Armenteira. “Estou convencida que novamente a Armenteira vai a ser decisiva pero que desta vez ides apostar polo cambio. O propio candidato do PP recoñece no seu programa que vos fallou pero eu non vos fallarei”, asegurou Giráldez.

“Vós que sufristes de primeira man catro anos de goberno ausente, que levades anos agardando que se poña en marcha o tan demandado proceso de concentración parcelaria e ata o de agora só escoitastes escusas. Moitos de vos, traballadores do campo de golf, que cando viches perigar os vosos postos de traballo non tiveches un alcalde do voso lado, que levades anos demando sen éxito melloras no campo de fútbol do Leixo mentres viades ao alcalde manifestarse na porta da Deputación pero nunca para demandar melloras para o colexio dos vosos fillos, para o noso centro de saúde, para as unitarias, por todo iso pídovos o voso voto”, afirmou Marta Giráldez, que asegurou que quere facer en Meis “o mesmo que Carmela fixo cando chegou á Deputación: abrir portas e ventás para comezar a construír un goberno para todas e todos”.

Neste mesmo sentido manifestouse a presidenta da Deputación, Carmela Silva, que destacou que Giráldez conta co mellor equipo e o mellor programa para cambiar o rumbo do concello. “Marta é unha muller excepcional: culta, formada, traballadora e cun gran compromiso con Meis”, comezou dicindo Carmela Silva, quen destacou o seu proxecto para atraer investimentos e xerar riqueza, emprego e oportunidades “para que a xente poida vivir aquí, ter emprego, actividades culturais e deportivas. Marta sabe que non podemos continuar facendo política como si estivéramos no século pasado, que hai que avanzar. O goberno de Meis está esgotado, sen ideas e non pode liderar o cambio que precisades porque esquece que Meis é o conxunto do pobo, o centro e todos os núcleos, e que hai que facer investimentos en todos”, explicou ao tempo que se manifestaba rotunda: “Votar a Marta é unha gran decisión, porque ela sabe que hai que modernizar Meis, recuperar o espazo público e poñer en valor o patrimonio natural, cultural e histórico deste fermoso pobo apostando por un turismo sostible que favoreza a chegada de empresas ao tempo que se coida a contorna”, afirmou a presidenta da Deputación para rematar “Marta é garantía de volver a recuperar a un Meis forte, con futuro”, que traballará man a man coa Deputación, o goberno de España e, moi pronto, co goberno de España, porque “o PP ten perdido a confianza da xente e non é quen de liderar o cambio”.

Pola súa banda, o vicesecretario de Acción Política e ex alcalde da Illa de Arousa, Manel Vázquez, facía fincapé na importancia do desenvolvemento económico non concello: “Marta é a garantía de emprego en Meis, xa que apostará pola chegada de empresas ao polígono industrial compartido con Barro, e que agora só ocupan empresas deste concello, ante o abandono e a desidia por parte do actual alcalde”. Vázquez amosouse convencido, ademais, de que a vitoria de Giráldez tamén podería propiciar a recuperación da mancomunidade e “que o reparto de deputados provinciais dea un cambio”. Neste sentido, a deputada autonómica, Patricia Vilán, destacou que os gobernos progresistas sempre foron os que avanzaron en dereitos, en servizos, na loita a favor da xustiza social. “A xente confiou en nós o 28M e volverá facelo o vindeiro 26 de maio, porque temos que seguir avanzando e para que Marta Giráldez sexa a próxima alcaldesa de Meis, pídovos o voto para ela”, concluíu.