A candidatura Coidando a Casa gaña as eleccións internas de En Marea co 59,24% dos votos

A outra candidatura, Entre Todas, obtivo o 40,76% dos sufraxios nunha votación ao Consello das Mareas e á Comisión de Garantías na que participou o 56 por cento das persoas inscritas con dereito a voto
Por o 26/12/2018 | Sección: En Marea,Política
A candidatura Coidando a Casa gaña as eleccións internas de En Marea co 59,24% dos votos
Compartir en:

O Comité Electoral de En Marea anunciou hoxe os resultados provisionais das eleccións ao Consello das Mareas e á Comisión Ética e de Garantías que se celebraron ao longo desta fin de semana.

A candidatura Coidando a Casa, encabezada por Luís Villares, gañou as eleccións co 59,24% dos votos (1.596), mentres que a candidatura encabezada por David Bruzos, Entre Todas, obtivo o 40,76% (1.029) dos sufraxios, nunhas eleccións na que a participación foi do 56% (2.625) das persoas inscritas que tiñan dereito a voto (4.800).

Daniel Conde e Manuel Fernández, do Comité Electoral, explicaron que o proceso desenvolveuse sen incidencias de consideración, e as que houbo foron resoltas polo soporte técnico practicamente en tempo real.

Conde e Fernández tamén proclamaron os resultados á Comisión Ética e de Garantías, que podedes ver na gráfica adxunta.

Agora, unha vez resoltas as posibles reclamacións, o Comité Electoral proclamará os datos definitivos o vindeiro mércores 26 de decembro, e o sábado 29 constituirase o Consello das Mareas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.