A candidatura do PSdeG-PSOE ponse en marcha de cara as vindeiras elección municipais do 26 de maio

Publicado por o día 01/05/2019 na sección de Galicia,O Grove,Política,PSOE

A candidatura do PSdeG-PSOE ponse en marcha de cara as vindeiras elección municipais do 26 de maio

A candidatura do PSdeG-PSOE e os membros da agrupación local teñen comezado xa os seus traballos de cara a o inicio da campaña electoral, marcado o vindeiro 11 de maio. Hoxe mesmo a candidatura reuniuse no Porto do Grove para realizar a súa foto de equipo que será a empregada na presentación aos veciños e veciñas do Grove. O lugar elixido para realizar a imaxe foi o Porto do Grove, un lugar que está a chamado a ser un punto fundamental do desenvolvemento futuro da localidade e que debe ser entendido como parte da vila e non como algo alleo a ela.

O acto de presentación da candidatura terá lugar a vindeira semana e tamén está previsto que, durante a campaña electoral, se realicen as reunións habituais cos colectivos e cos barrios onde o PSdeG-PSOE mantén a súa dinámica de escoitar e buscar a colaboración para facer avanzar o Grove. Como en anteriores comicios o PSdeG-PSOE traballará por unha campaña en positivo, limpa e tranquila.