A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar novos investimentos en outros tres municipios da provincia no marco do vixente Plan Concellos. Trátase de tres partidas por un total 254.820 euros para A Cañiza, Pazos de Borbén e Ponteareas.
Para A Cañiza, o Goberno provincial deulle o visto bo a unha partida económica de case 72.000 euros para as obras de humanización da Praza de Valeixe. Para Pazos de Borbén, a Deputación vén de aprobar unha achega de 69.916,34 euros que se destinarán para a reparación do camiño municipal do Eido da Col na parroquia de Xunqueiras. Finalmente para Ponteareas, a Xunta de Goberno autorizou un investimento de 112.903,77 euros para o saneamento de augas fecais no barrio de Picón, Angoares e no barrio de Amial, Prado.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.