A cantante americana Deborah Carter, protagonista estellar da noite do sábado no NigranJazz máis femenino

Carter, recoñecida tamén como gran educadora vogal, ofrecerá ao mediodía unha master-class para máis de vinte cantantes no Edificio Tecnolóxico de Porto do Molle antes de subir ao escenario do esteiro da Foz ás 22:30. Previamente, Fernando Sánchez, un dos saxofonistas galegos máis internacionais, tocará co seu quinteto. Off Room abrirá o festival ás 19:30 no escenario do Rilla na Rúa
Publicado por o día 27/07/2019 na sección de Galicia,Nigrán

A cantante americana Deborah Carter, protagonista estellar da noite do sábado no NigranJazz máis femenino

O festival Nigranjazz, organizado polo Concello de Nigrán no esteiro de A Foz (A Ramallosa), pecha mañá sábado 27 de xullo a súa decimoterceira edición coa actuación estelar ás 22:30 horas da cantante americana Deborah Carter, quen ofrecerá pola mañá unha master-class dirixida a vogalistas. Antes desta actuación, ás 21:00 horas, o saxofonista Fernando Sánchez, un dos músicos galegos de jazz máis internacionais, tocará co seu quinteto composto por músicos europeos de primeira fila. Ademais, no escenario da feira gastronómica itinerante Rilla na Rúa, cara a Alameda da Ramallosa, terá lugar ás 19:30 horas a actuación do trío Off Room, un conxunto 100% de Nigrán que se suma ao Nigranjazz versionando clásicos do jazz, soul, funk… A clásica jam-session posterior aos concertos será á medianoite a cargo do vogalista Rubén Fernández e o pianista Sunil López co seu cuarteto.

DEBORAH CARTER & TRIO CAMPAZÁN

Deborah J. Carter (Voz); Mark Zandveld (Contrabajo); Xan Campos (Piano), Chus Pazos (Batería)

Deborah J. Carter cantante e compositora, é creadora dun estilo moi persoal de interpretar o jazz contemporáneo. Foi recentemente descrita pola revista Music Maker como “unha artista absolutamente top- class, unha das vocalistas de jazz máIs excitante na escena europea actual”.

Nada en Estados Unidos, crece a camiño entre Hawaii e Xapón. Desde moi cedo se dedica á música formando o seu propio trío co que participa en moitos espectáculos, festivais de jazz, e tamén en programas de radio e televisión en países tales como Alemaña, Inglaterra, España, Holanda, Bélxica, Letonia, Myanmar e Azerbaijan.

A súa paixón pola música abarca numerosos campos, non só como cantante, compositora e arreglista senón tamén como educadora musical. Por esa razón, foi convidada a impartir numerosos seminarios de jazz en todo o mundo durante os últimos anos. Coñecida amplamente en España, viviu a tempadas no noso país colaborando con diferentes músicos.

O primeiro CD de Deborah, ” Scuse Me…” , é unha mestura sofisticada de jazz, latin, blues e gospel. Este CD recibió interesantes comentarios por parte da prensa internacional. O seu segundo CD, titulado: ” Round Moonlight” é unha oda á lúa e ás últimas horas da noite. O seu terceiro, ” Girl- Talking!” é unha grabación en directo na que se dá testemuño da súa boa ejecución e a súa dinámica no escenario. O seu cuarto disco “ Daytripper”, reunía unha colección de cancións orixinais de The Beatles con arranxos moi persoais.

Deborah traballa intensamente coa súa propia banda ao redor do mundo, coa que executa un estilo moi persoal de jazz contemporáneo. Aínda que non por éso, deixa de atraerlle os grandes clásicos do jazz, actuando como un artista convidada en numerosas orquestras europeas de jazz.

Desde fai uns anosh reside en Amsterdam. Esta é a razón que a leva a percorrer os teatros de toda Holanda con proxectos como o ” Duke Ellington Tribute” en 1999, un “Tribute to Louis Armstrong” en 2000/01 (con Scott Hamilton, Michael Varekamp, Frits Landesbergen) e actualmente está presentando tres diferentes proxectos: “As Lendas do Jazz”, Michiel Borstlap’ s Vocal series, e de Leonie Jansen Wereldwijven “World Dames”.

FERNANDO SÁNCHEZ QUINTETO

Fernando Sánchez (Saxo Tenor); Ian Cleaver (Trompeta); Miguel Rodríguez (piano); Cas Jiskoot (Contrabaixo); Roberto Pistolesi ( Batería)

Quinteto de jazz liderado polo saxofonista galego Fernando Sánchez , acompañado de catro brillantes músicos da escena Holandesa.

A proposta musical da banda abarca música orixinal dos seus membros, todos residentes nos Países Baixos, a cal ten influencias tan variadas como a música afroamericana actual, así como do repertorio das grandes bandas de jazz dos años 60 e 70 do s. XX

Fernando Sánchez é un novo saxofonista redondelano residente na actualidade en Amsterdan, onde terminou os seus estudos de master en Jazz Performance, antes cursou o seu grao en Jazz na ESMAE de Porto. A pesar da súa curta idade conta cun curriculum impresionante de gravacións, xiras, colaboracións. Nos últimos anos tocou nas mellores orquestras de Jazz de Europa, con xente como Nuno Ferreira, Paco Charlín, David Berger, Iago Fernández, ou os o míticos Temptations e Four Tops. Recibiu o premio ao mellor solista na Festa do Jazz de San Luís (Lisboa, 2008). Nesta ocasión preséntase como líder do seu propio quinteto, con músicos europeos e nacionais de primeira orde.

Comentar noticia

Your email address will not be published.