A cantante Noemí Fernández recibida na alcaldia antes de viaxar a Roma para representar a España no certame “Tour Music Fest”

Publicado por o día 13/11/2019 na sección de Galicia,O Porriño

A cantante Noemí Fernández recibida na alcaldia antes de viaxar a Roma para representar a España no certame “Tour Music Fest”

Noemí Fernández, a cantante porriñesa foi recibida hoxe no Concello pola alcaldesa Eva García e por Lourdes Moure, concelleira de Educación, Lourdes Moure que lle desexaron moítisma sorte na súa inminente participación no concurso europeo “Tour Music Fest”. Vai representar a España na final dese certame que se celebrará en Roma o vindeiro 7 de decembro.

Noemí competirá cos representantes do Reino Unido, Italia, Malta e Suiza. A cantante porriñesa de tan só 17 anos acadou participar na final do “Tour Music Fest” superando a máis de noventa concursantes procedentes doutras comunidades na proba nacional que se celebrou en Madrid. Noemí gañou coa súa interpretación de “Rise up” na que tamén tocaou o piano.

Se Noemí gaña en Roma acadaría unha beca universaritaria para continuar os seus estudos musicais en Estados Unidos ademáis dun premio en metálico de 10.000 euros, a grabación dun single, un videoclip e unha xira promocional.

Por outra banda, a alcaldesa Eva García confirmou que Noemí Fernández vai participar no encendido do alumeado de Nadal previsto para o vindeiro 3 de decembro así como na festa “pre-fin de ano” do 30 de decembro e na festa de Reis en xaneiro.

Comentar noticia

Your email address will not be published.