A carballeira de Caldas de Reis será escenario dun concerto da orquesta clásica de Vigo ó abeiro do programa “MÚSICA NO AR”

O espectáculo, organizado pola Deputación de Pontevedra, contará coa sección de percusión

A Carballeira de Caldas de Reis será o escenario mañá, domingo 16, ás 20.00 horas, dun novo evento do programa “Música no Ar” que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha co obxectivo de incentivar a cultura en vivo despois do estado de alarma e confinamento. Deste xeito, a sección de percusión da Orquestra Clásica de Vigo ofrecerá un concerto no que se interpretarán obras de diferentes épocas para achegar a música a todos os recunchos e democratizar a cultura.

A sección de percusión da Orquestra Clásica de Vigo ofrecerá unha cisión actual, rítmica e dinámica desta disciplina con pezas que procuran xerar un equilibrio grazas ó diálogo entre solistas, números en conxunto, melodías e ritmo. Trátase dunha selección de obras que resultarán sorprendentes tanto pola súa forza sonora como pola emprego dos instrumentos, xerando así unha intervención na que participan música, ritmo, movemento e imaxe. A cita conta con protocolos de seguridade, hixiene e distanciamento ante a crise sanitaria xerada pola pandemia de covid-19, polo que os asistentes deberán asistir con máscara de xeito obrigatorio e os accesos e a capacidade serán controlados de xeito exhaustivo.

“Música no Ar”, enmarcado dentro do amplo programa cultural deseñado pola Deputación de Pontevedra para o ano 2020, máis concretamente do plan provincial “Re-acción cultural”, que conta cun orzamento de 2,5 millóns de euros, procura espallar a cultura por toda a provincia, divulgar a música de cámara de xeito gratuíto e poñer en valor a todas aquelas persoas que se dedican con talento, paixón e virtuosismo á renovación do xénero musical.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario