A Casa da Cultura de Tomiño acollerá unha charla sobre trastornos depresivos e ansiedade, o vindeiro día mércores, 10 de outubro, a partir das 20.00 horas. A actividade vai destinada principalmente a persoas maiores, coidadores/as e familias, aínda que a participación está aberta a toda a veciñanza.
O obxectivo principal é sensibilizar á poboación sobre a importancia dos hábitos de vida saudables, e fomentar a saúde física e psíquica, tanto na mocidade, como nas persoas dependentes e nos seus coidadores ou coidadoras.
Esta charla está organizada pola Deputación de Pontevedra, o Concello de Tomiño e o Colexio de Médicos de Pontevedra. As INSCRICIÓNS poden realizarse no seguinte enlace: http://tomino.gal/charla-sobre-transtornos-depresivos-e-ansiedade/
Noticias de última hora en Vigo