A casa do libro de Vigo acollerá o 15 de maio a presentación do conto “Lola, Amparo e Xulia, as irmás Touza”

”Lola, Amparo e Xulia, as irmás Touza” liberdade e valentia en feminino, unha historia de respeto, tolerancia e amor a vida
Por o 12/05/2019 | Sección: Cultura,Galicia,Vigo
A casa do libro de Vigo acollerá o 15 de maio a presentación do conto “Lola, Amparo e Xulia, as irmás Touza”
Compartir en:
A casa do libro en Vigo acollerá o 15 de maio ás 11:00 da mañá o acto oficial da presentación do conto escrito por Alexandra Touza, Directora de Ponlle Cara ao Turismo, co apoio institucional da Asociación Galega de Amizade con Israel, Deputación de Ourense, Xunta de Galicia, Inorde e Executivas.
“Lola, Amparo e Xulia, as irmás Touza” e titulo do conto, un conto que canta a liberdade e valentia en femenino, unha historia de respecto, toleracia e amor a vida.
Este conto baseado en feitos reais, para nenas e nenas que visitan Galicia, e para os escolares galegos, co obxectivo de coñecer un pouco máis de preto a historia de tres mulleres valentes que arriscaron a súa vida para salvar a de centos de xudeus en Ribadavia.
Este libro narra a historia de LOLA, AMPARO E JULIA, tres mulleres Ourensás, que tiñan unha bondade extrema, aquela que unicamente os grandes corazóns son capaces de albergar.
Temas tan relevantes como o esforzo, a solidariedade, a perseveranza, a coraxe, a autenticidade, o empoderamento Feminino, o emprendemento, a igualdade de dereitos e oportunidades, a amizade, a identidade dun destino, pero abrigo trata de AMOR á VIDA!

Valores que a nosa sociedade foi perdendo nun mundo no que o que prima, é a inmediatez, a insensatez, o pouco sentido común, o non pensar, o non reflexionar, e o non respectar que se converteron a golpe de “click” nos valores principais dunha sociedade de “usar e tirar”.

A igualdade non é un slogan, senón unha convicción que temos que facer efectiva hoxe e todos os días do ano e en todos os ámbitos da nosa sociedade”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.