A categoría masculina B de tenis disputará os cuartos de final do Campionato Galego de Equipos

O representante da UVigo nesta categoría continúa sumando bos resultados
Publicado por o día 27/07/2020 na sección de Galicia,Universidade de Vigo,Vigo

A categoría masculina B de tenis disputará os cuartos de final do Campionato Galego de Equipos

O equipo masculino B de tenis da Universidade de Vigo disputou este sábado os oitavos de final do Campionato Galego de Equipos. Nel enfrontouse ao CDD Sanxenxo, gañando o encontro cun marcador final de 4-3. Segundo indican desde o equipo, o representante da UVigo, que acadou o segundo posto do seu grupo esta tempada, “empezou moi ben” o encontro, acadando un resultado de “3-1 nos individuais, gañando en dous dos tres puntos no super tie-break, mentres o terceiro foi en dous sets”. Cun marcador favorable “e só tendo que gañar un dos dous dobres, a aposta foi segura e o dobre gañador lograba o punto da vitoria cun contundente 60-61”, comentan dese o conxunto. Con esta vitoria, o representante da Universidade de Vigo pasa de ronda e disputará os cuartos de final fronte a Tenis Gondomar.

Comentar noticia

Your email address will not be published.