A Celta ameaza ao Concello de Vigo con pechar as bancadas de Marcador e Gol

Por o 02/01/2019 | Sección: Celta,Fútbol,Galicia,Vigo
A Celta ameaza ao Concello de Vigo con pechar as bancadas de Marcador e Gol

Novo Round na pelexa aberta entre Celta e Concello de Vigo con Carlos Mouriño e Abel Caballero como principais púxiles. Nas últimas horas, a entidade de Balaídos enviou un burofax ao rexedor municipal no que lle comunica que non se abrirán as bancadas de Marcador e Gol no partido Celta-Athletic Club do próximo día 7 se antes non reciben un informe escrito que certifique que non hai risco para os afeccionados que acudan a esas zonas do Estadio de Balaídos.Mouriño xustifica a súa decisión ao actuar “na defensa de abonados, socios e afeccionados”, algúns dos cales xa lle solicitaron unha nova localización tras as fisuras detectadas e desprendementos de cascotes producidos en semanas anteriores.

Ademais, o presidente do Celta di que reclamará ao Concello de Vigo “todos os gastos derivados de ter que aplicar esta medida para evitar calquera posibilidade de accidente que ninguén desexa”. Pola súa banda, o consistorio vigués a través de Javier Pardo, concelleiro de Fomento, sinala que “desde hoxe estanse acometendo pequenas reparacións que en ningún caso implican un risco para a estrutura das bancadas de Balaídos”. Ao mesmo tempo, Pardo adianta que “se remitirá ao Celta un informe antes do partido do próximo luns que contemplará a total viabilidade e garantías de todas as bancadas do estadio”.

O Estadio de Balaídos é de titularidade municipal e son os fondos de Marcador e Gol as dúas zonas desta instalación deportiva que aínda non foron reformadas. Carlos Mouriño “se pasa algo toda a culpa a tera Abel Caballero”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.