A cidade deportiva do Celta do 2013

Publicado por o día 27/08/2019 na sección de Galicia,Vigo

A cidade deportiva do Celta do 2013

O Celta de Vigo supostamente construiría a súa cidade deportiva na parroquia viguesa de Valadares, tras asinar o acordo urbanístico o presidente do club, Carlos Mouriño, e o alcalde da cidade, Abel Caballero isto no día 8 de marzo de 2013, xusto este ano fixo 6 anos e volvía a palestra coas declaracións de Corina Porro.

Benvidos e benvidas a outro capitulo de Vigo Fashback, capitulo dedicado a cidade do deporte pantasma que na actualidade non existe a pesar do acordo asinado polo club celeste e o alcalde da cidade e nunca chegara a ser real xa que o Celta esta a construir a sua cidade deportiva no municipio de Mos na actualidade.

A dita cidade do deporte abranguería unha superficie de 208.000 metros cadrados, preveia a creación de 10 ou máis campos de fútbol, un centro de alto rendemento, un pavillón deportivo multiúsos, un edificio administrativo, unha residencia para os deportistas e un hotel, todo isto dito polo tenente alcalde da cidade de Vigo Carmela Silva nunha rolda de prensa por aquel entón.

Naquela rolda de prensa anunciou ademais que o aquel venres 15 de marzo se iniciaría a incoación do expediente no consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, que era o primeiro paso administrativo para dar vida ao proxecto.

Naquel entón dicíase: “Hoxe é un día vital para o Celta porque recolle os sonos que tivemos. Agora esperemos que neses dous anos de trámite poidamos conseguir o inicio desta cidade deportiva que tardará dous anos en rematarse a primeira fase”, aseguraba o presidente do club vigués durante a súa intervención naquel entón.

O máximo accionista do Celta, que estivo arroupado por varios dos seus directivos hai un ano atrás, indicou que a ampliación das actuais instalacións deportivas na Madroa era “imposible”, por iso aceptaron a situación en Valadares.

Naquela rolda de prensa un directivo do club celeste dicía: “Se queremos un Celta forte en Primeira División temos que facer un esforzo tremendo pola canteira. Debemos de ser ambiciosos en todos os aspectos e hoxe estámolo a ser. Queremos unha nova cidade deportiva porque seguimos pensando que a canteira ten que ser a base do noso primeiro equipo”.

Naquela rolda de prensa o presidente do club celeste Carlos Mouriño dixo: “Na Madroa non hai posibilidade de crecer e por iso demos ese paso tan importante para o club e para a cidade. Non pararemos este proxecto independentemente da categoría na que xogue o primeiro equipo. O futuro do Celta pasa por esta cidade deportiva”.

Por parte do alcalde da cidade, Abel Caballero cualificou a posta en marcha da cidade deportiva do Celta como “un fito importante” no desenvolvemento da cidade. “Estou seguro de que esta cidade deportiva vai marcar o futuro do deporte durante o seguinte século”. “Valladares é o mellor sitio posible para acoller este ambicioso proxecto que está en marcha e xa é imparable”, reiterou o rexedor vigués, quen se comprometeu a solucionar os trámites administrativos nun prazo máximo de 24 meses, así o decia por aquel entón.

Tal como dixen antes, esto non vai facerse xa que o Celta pois obrou pola sua banda e decidiu facer a sua cidade deportiva no municipio de Mos.