A cifra de falecidos diarios con coronavirus caeu este martes a 301, 30 menos que onte

Publicado por o día 28/04/2020 na sección de Coronavirus,España

A cifra de falecidos diarios con coronavirus caeu este martes a 301, 30 menos que onte

Fernando Simón, director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, compareceu en rolda de prensa telemática.

Simón explicou a importancia de seguir a machada todas as indicacións que se dan ante as medidas de alivio do confinamento, para non retroceder. Lembra que incumprir as normas pon en perigo a toda a poboación e ao sistema sanitario.

A cifra de falecidos diarios con coronavirus caeu este martes a 301, 30 menos que onte, co que suman xa 23.822, mentres que o de novos casos de contaxio confirmados mediante PCR descendeu a 1.308, o que elevan o total a 210.773.

Por quinto día consecutivo, o número de curados volve superar ao de diagnosticados mediante esta proba: 1.673 persoas recibiron o alta nas últimas 24 horas, 102.548 desde o inicio da pandemia, segundo o Ministerio de Sanidade, que hoxe tampouco ofreceu a dos positivos confirmados por test rápidos de anticorpos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.