A CIG consegue a maioría absoluta na empresa Viza Automoción

Obtén 8 dos 13 representantes do comité de empresa nas eleccións sindicais
Por o 16/05/2019 | Sección: CIG,Galicia,Motor,Sindicatos,Vigo
A CIG consegue a maioría absoluta na empresa Viza Automoción

A CIG vén de incrementar a súa representación no comité de empresa de Viza Automoción S.A.U. pasando de 5 representantes a 8 nun comité de 13. Consegue ademais presentar candidatura, por vez primeira, no colexio de técnicos, obtendo 2 delegados dos 4 que se escollían.

A CIG obtivo 153 votos por taller e 6 delegados e 35 votos en técnicos, o que se traduciu en 2 delegados. Fronte a isto, CCOO, con 40 votos obtén 2 representantes por taller; UGT con 23 votos obtén 1 representante por taller e GTV, con 53 votos consegue 2 delegados por técnicos.

A CIG conseguiu quitarlle 3 representantes ao sindicato independente, que pasou de contar con 5 representantes a só 2 membros no comité.

CIG-Industria de Vigo valora que estes resultados son consecuencia “do traballo ben feito nestes 4 anos, a maiores das melloras importantes que se conseguiron no convenio e consegue concienciar os traballadores e traballadoras, para que volvan a confiar nos sindicalismo de clase, e rompan co sindicalismo amarelo pro empresa”.

Con este resultado a CIG incrementa a súa maioría no sector da Automoción, na Galiza.

Comentar noticia

Your email address will not be published.