A sección sindical da CIG en Vitrasa, concesionaria do transporte urbano do Concello de Vigo, acusa a empresa de inacción tras confirmarse un positivo por covid-19. entre o persoal do taller. Denuncian que a dirección non aplicou o protocolo existente, non lle comunicou o caso aos delegados/as de prevención, négase a facer PCR e remite aos compañeiros/as da persoa contaxiada a poñerse en contacto co seu médico de cabeceira se o estimaban oportuno.
Dende a CIG-Vitrasa lamentan que a compañía desatendese todas as propostas achegadas polos delegados da central durante a pandemia e lembran que en numerosas ocasións solicitaron a realización de probas PCR ao cadro de persoal, “obtendo en todas elas a negativa por resposta”. “Pois ben, no día de onte tivemos coñecemento de que se rexistrou un positivo entre o persoal do taller, e ante unha nova solicitude de PCR polos nosos delegados, a contestación da empresa foi novamente negativa”.
Ao meso tempo, critican a falta de transparencia na actuación de Vitrasa ante este caso, xa que nin sequera lle notificou o positivo aos delegados/as de prevención. “A única medida adoptada pola dirección foi avisar ao resto de traballadores/as do taller para que se puxesen en contacto co seu médico/a de cabeceira se o entendían necesario”.
Protocolo propio
Neste senso, sinalan que a pesar de que a Vitrasa conta cun protocolo propio de prevención e actuación contra a covid “a única actuación contemplada pola empresa fronte a un contaxio é notifícalo ao Sergas”.
Finalmente, consideran “absolutamente irresponsábel” que en todo este tempo de pandemia a empresa non realizase ningunha proba PCR entre o persoal “a pesar de que estamos en contacto diario con milleiros de pasaxeiros/as”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.