A comarca de Vigo acolle este mes de xaneiro 21 novas accións formativas do programa “SmartPeme”

O programa de asesoramento no ámbito das TIC da Deputación de Pontevedra está destinado ás persoas emprendedoras, autónomas e ás pemes da provincia
Publicado por o día 07/01/2019 na sección de Deputación de Pontevedra

A comarca de Vigo acolle este mes de xaneiro 21 novas accións formativas do programa “SmartPeme”

As oficinas do programa “SmartPeme” da Deputación de Pontevedra en Vigo, Ponteareas e O Porriño acollerán durante este mes de xaneiro un total de 21 accións formativas (7 en cada unha delas) para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia de Pontevedra ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade. Deste xeito, “SmartPeme” oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.

As quendas en Vigo comezan este martes, 8 de xaneiro, con “Mide os teus obxectivos en redes sociais: Análise de estatísticas”. A seguinte acción será “Crea unha páxina profesional con WordPress”, o xoves 10. O curso “Marketing de contidos: Como xerar unha estratexia efectiva” chegará a Vigo o xoves 17. O martes 22 “Plugins de WordPress para mellorar a túa web”. O xoves desa mesma semana será a quenda de “Coñece as tendencias en economía dixital: Deseño 3D e robótica”. A quenda de “Social Media Listening: O que se din do teu negocio no Internet” chegará o martes 29. E, para rematar, “Chatbots: A automatización da atención ao cliente” terá lugar o xoves 31. A oficina “SmartPeme” de Vigo, na Sede da Deputación, atópase na Rúa Oporto, nº 3.

A oficina de Ponteareas acollerá os seguintes obradoiros: “Marketing de contidos: Como xerar unha estratexia efectiva”, o martes 8 de xaneiro. O xoves 10 terá lugar “Pasarelas de pago para o comercio electrónico”. O martes da seguinte semana impartirase “Woocommerce: A solución que buscabas para vender por Internet”. A seguinte será “Social Media Listening: O que se din do teu negocio en Internet”, o martes 22. A quenda de “Empresas turísticas nas AAPP. Trámites para mellorar a presenza en liña” será o xoves 24 de xaneiro. Por outra banda, o martes 29 terá lugar o obradoiro “Chatbots: A automatización da atención ao cliente”. E, xa por último, o xoves 31 “Optimiza a visibilidade da túa web con Google Search Console” será  a acción que impartirá o persoal do programa. A oficina “SmartPeme” de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, nº 5.

A oficina do Porriño acollerá os obradoiros inícianse o martes o día 8, co curso “Mide os teus obxectivos en redes sociais: Análise de estatísticas”. “Marketing de contidos: Como xerar unha estratexia efectiva” chegará o xoves 10. O martes 15, impartirase “Crea unha páxina profesional con WordPress”. A acción “Plugins de WordPress para mellorar a túa web” terá lugar o martes 22. O xoves 24 de xaneiro, “O teu contido efémero: Stories en Facebook e Instagram”. O martes 29 o curso “Empresas turísticas nas AAPP. Trámites para mellorar a túa presenza en liña”. E, por último, o xoves desa mesma semana terá lugar “Google Calendar, moito máis que unha axenda”. A oficina “SmartPeme” do Porriño, no Multicentro do concello, atópase na rúa Ribeira, s/n.

Comentar noticia

Your email address will not be published.