As oficinas do programa “SmartPeme” da Deputación de Pontevedra en Vigo, Ponteareas e O Porriño acollerán durante o mes de xuño un total de 20 accións formativas (6 en Vigo, e 7 en O Porriño e en Ponteareas) para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia de Pontevedra ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade. Deste xeito, “SmartPeme” oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.
A oficina de Vigo acolle os seguintes obradoiros: “O teu plan de márketing dixital paso a paso”, este mesmo martes, ás 19 horas. O martes 11, ás 18 horas, terá lugar “Crea a túa tenda en liña con Prestashop”. O martes da seguinte semana, 18 de xuño, ás 19 horas, impartirase “Como presentar a túa idea de forma efectiva en tan só 5 minutos”. A seguinte será “Motores de reservas para empresas turísticas”, o xoves 20 ás 17 horas. A quenda de “Deseña e crea as túas imaxes para preimpresión e medios dixitais” será o martes 25 de xuño, ás 18 horas. E, xa por último, o xoves 27, ás 19 horas, “Crea a túa presentación comercial en menos de 90 minutos” será a acción que impartirá o persoal do programa. A oficina “SmartPeme” de Vigo, na Sede da Deputación da cidade, atópase na Rúa Oporto, nº 3.
A oficina do Porriño inicia os cursos tamén esta tarde, ás 17 horas, co curso “Motores de reservas para empresas turísticas”. “Vende produtos en liña con campañas de Google Shopping” chegará o xoves desta mesma semana ás 19 horas. O martes 11, ás 18 horas, impartirase “Crea unha páxina profesional con WordPress”. A acción “Aprende a elixir as palabras clave para a túa estratexia SEO e SEM” terá lugar o xoves 13 ás 19 horas. O martes 18 de xuño, tamén ás 19 horas, chega “Fotografía de turismo: As liñas no espazo”. O xoves desa mesma semana, outra vez ás 19 horas, impartirase o curso “Mellora a túa presenza en liña promocionando as entradas do teu blog”. E, por último, o martes 25, tamén ás 19 horas, terá lugar “Copywriting aplicado a web e redes sociais”. A oficina “SmartPeme” do Porriño, no Multicentro do concello, atópase na rúa Ribeira, s/n.
Por último, as quendas para o mes de xuño na oficina de Ponteareas comezan tamén hoxe, ás 19 horas con “Copywriting aplicado a web e redes sociais”. A seguinte acción será “Todo o que precisas saber sobre G Suite”, o xoves desa mesma semana ás 18 horas. O curso “Fotografía de turismo: As liñas no espazo” chegará a Ponteareas o martes 11 ás 19 horas. O xoves 13 de xuño, ás 17 horas, impartirase “Marketing desde cero: conceptos e trucos”. O martes da seguinte semana, 18 de xuño, tamén ás 17 horas, será a quenda de “Como mellorar o posicionamento local da túa empresa turística”. O curso “Aprende a usar correctamente Facebook para empresas” chegará o xoves 20 ás 19 horas. E, para rematar, “Desenvolve a túa propia estratexia de email marketing” terá lugar o martes 25, tamén ás 19 horas. A oficina “SmartPeme” de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, nº 5.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.