A Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas renova o seu apoio e o compromiso para que a Ribeira Sacra, cuxa candidatura respaldou publicamente na súa xuntanza de 2015, se converta en Patrimonio da Humanidade

Os catorce membros do órgano permanente da emigración, que recibe mañá a Medalla do Parlamento en representación de todos os emigrantes galegos, amosou a súa satisfacción pola decisión do Consejo de Patrimonio Histórico
Por o 06/04/2019 | Sección: Cultura,Turismo
A Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas renova o seu apoio e o compromiso para que a Ribeira Sacra, cuxa candidatura respaldou publicamente na súa xuntanza de 2015, se converta en Patrimonio da Humanidade

A Comisión Delgada do Consello de Comunidades Galegas quixo hoxe trasladar os seus parabéns á Ribeira Sacra polo seu nomeamento polo Consejo de Patrimonio Histórico como candidata a converterse en Patrimonio da Humanidade. O órgano permanente da emigración, que recibirá mañá a Medalla do Parlamento de Galicia en representación de todos os emigrantes galegos, lembrou que na súa xuntanza ordinaria de 2015, celebrada no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, aprobaron unha declaración institucional en apoio ao nomeamento desta rexión de Galicia para representar a España, logro que se fixo público esta mañá.

A decisión da Unesco non se coñecerá ata 2021, cando se celebre a edición número 45 do Comité de Patrimonio Mundial, e coincidindo coa celebración do vindeiro Ano Xacobeo. Por esta razón, a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas renovou hoxe o seu compromiso con esta aposta de España pola Ribeira Sacra, sobre a que a declaración institucional do órgano permanente da emigración galega de 2015 dicía que “é elemento de singular valor para Galicia e para o mundo”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.