O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presidiu na mañá de hoxe a cuarta xuntanza da Comisión Galega de Control da Violencia na que se abriu expediente sancionador por falta grave a doce espectadores dos Rallys de San Froilán e de Narón por desobedecer á autoridade provocando perigos para si mesmos e para as persoas que realizaban a proba.
Do mesmo xeito, avanzouse nos expedientes sancionadores abertos polos distintos incidentes ocorridos nos partidos de fútbol de alevíns Laxe-Buño, Camariñas-Cabana das semifinais da Copa da Costa e Racing de Castrelos-Tyde Club do grupo V da Primeira Autonómica de Galicia.
O secretario xeral para o Deporte, actuando como presidente da Comisión Galega de Control da Violencia insistiu na “responsabilidade na salvagarda dos valores esenciais no deporte”. “Hai unha radical incompatibilidade entre deporte e calquera forma de violencia polo que debemos actuar con contundencia e con firmeza pero tamén desde o sosego e a proporcionalidade”, sentenciou. Neste sentido advertiu que “a Comisión seguirá traballando día a día para que ningún suceso violento quede impune. Debemos mandar unha mensaxe clara de tolerancia cero fronte a calquera conduta violenta no deporte”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.