A comunidade de montes de Coruxo realizará unha xornada máis a eliminación de eucaliptos e sementarán landras

Próxima actividade de voluntariado: ELIMINACIÓN DE EUCALIPTOS E SEMENTEIRA DE LANDRAS
Publicado por o día 23/10/2019 na sección de Galicia,Social,Vigo

A comunidade de montes de Coruxo realizará unha xornada máis a eliminación de eucaliptos e sementarán landras

Próxima actividade de voluntariado: ELIMINACIÓN DE EUCALIPTOS E SEMENTEIRA DE LANDRAS

Este sábado 26 de outubro convocan a 2ª acción do seu programa de voluntariado ambiental. Realizaremos simultaneamente unha arrancada de eucaliptos e unha sementeira de landras na parcela de As Esterqueiras, inzada actualmente de acacias e eucaliptos. Despois desprazaranse a unha zona próxima, O Pontón, onde eliminaran os eucaliptos das proximidades do regato. Pasiño a pasiño queren transformar estes espazos en bosques mixtos poboados por especies autóctonas.

Se queres participar, ponte en contacto con Belén (tfn: 653904642) a través do whatsapp. @s menores de 16 anos deberán vir acompañ[email protected] dunha persoa adulta; se teñen entre 16 e 18 anos poderán acudir sós con autorización da nai, pai ou titor legal. Existe un límite de 50 prazas, que serán cubertas por orde de inscrición. Podedes anotarvos até o venres 25 ás 20h.

O lugar de encontro será novamente o torreiro de festas de San Sebastián (Fragoselo, Coruxo), onde a hora da quedada será ás 9:30h. Desde alí desprazaranse até o lugar de actuación, rematando a actividade ás 13:30h.

Podedes resolver calquera dúbida a consultando con Belén.

Espéranvos ! 🌳😀